Tareke Branhe e ACCEM en IES María Soliño e na #expoarte18 en Cangas.

Daniel Boveda Castro e Claudia Pérez Galovart de ACCEM Vigo, Tareke Branhe do Comitato 3 de ottobre desde Roma. Isabel Calles, profesora de filosofía e Raquel Calviño do IES María Soliño. Traducción e intérprete ao italiano Carmen Duran. Conferencia na sala de exposicións do Auditorio Municipal de Cangas na #expoarte18 do alumnado en abril do 2018. Grazas a todas e todos polas vosas achegas, pola voluntaria participación e pola asitencia e sensibilidade con esta iniciativa.








Tareke Branhe, eritreo, presidente do Comitato 3 de ottobre veu desde Italia a Cangas e ao IES María Soliño para achegar a realidade dos refuxiados en Italia e contar a odisea de catro anos pola que tivera que pasar para fuxir da guerra e as inxustizas do seu país. Daniel Boveda Castro e Claudia Pérez Galovart de ACCEM Vigo amosaron unha aproximación ao asilo e ao refuxio en España, pola mañán no Instituto e con Chus de Galego como interprete e traductora  participaron nunha Conferencia no salón de actos do IES María Soliño.

#EuropaLampedusa
#protectpeoplenotborder
#edurefugees












Ese mesmo día pola tarde na sala de exposicións do Auditorio Municipal de Cangas ofreceron unha charla coloquio baixo o título Protección Internacional, unha aproximación ao asilo e ao refuxio en España e Italia. Os activistas Tareke, David e Claudia participaron de xeito voluntario nunha conferencia moderada pola profesora de filosofía Isabel Calles e a alumna Raquel Calviño do IES María Soliño.