"Fai o que precises" Nosa curtametraxe de animación.





Comezamos este proxecto grazas a iniciativa do noso profesor de volumen, Joseba, que propuxo a elaboración dun vídeo co tema migracións, refuxiados ou éxodos, centrándonos nos acontecementos ocurridos coa poboación que escapa da guerra de Siria. 

O noso proxecto comezou con unha simple idea, seguir o traxecto dun refuxiado da sua casa ata o lugar a onde quería chegar. Para darlle un pouco máis de emotividade e reflexar mellor o sentimento dos emigrántes ao separarse dos seres queridos, decidimos contar a historia dunha parella de homes que teñen que irse da súa casa. Cada un deles ten que ir nunha viaxe distinta esperando atoparse logo na terra que desexaban. Centramos a historia no segundo home e na triste despedida da súa parella e do seu fogar.

 




Comezamos a definir o formato que queriamos utilizar para levar a cabo a idea, e escollimos o stop motion como técnica con figuras e escenarios 3D e unha pequena parte en rotoscopia. Comezamos a traballar en clase de volumen, fabricamos varios personaxes articulados, os dous protagonistas e o resto de figurantes en distintos emplazamento. Fixemos casas de cartón e barro, cabañas de cartón, tela e madeira. Tivemos que montar un mar con anacos de bolsas azuis e ralladuras de corcho azul, utilizamos tamén area de verdade, pó de barro e ramas reais.

Con todo iso montamos catro escenarios sobre unha mesa rectangular, comezamos co poblado inicial e sacamos fotos a cada movementos protagonistas, foi un traballo de paciencia e meticulosidade, onde cada pequeno movemento dos protaginistas é unha foto, tardamos aproximadamente duas horas en facer todas as fotografias necesarias para completar o grabado no primeiro escenario. 

Desmontamos a cidade e sobre ela montamos o campamento con cabañas de tela, un muro de barro, unha praia e algo de mar. Aquí a noso protagonista durme nunha tenda e atopa algo que lle deixou a sua parella. Grabar todo esto levounos outras duas horas.


Continuamos co mesmo procedemento coa escena do mar que foi máis rapida, media hora, e logo a da praia, que é a mais emotiva e nos levou unha hora máis.

Para rematar montamos todo isto co programa de video, onde subíamos as fotos e poñíamos un tempo moi pequeno para cambiar de unha a outra e así conseguir o movemento.


Foi un traballo lento e tedioso pero o mesmo tempo moi divertido de facer o contar coa colqaboración e apollo de todos os compañeiros. Grazas a este proxecto e o noso traballo déronnos a oportunidade de participar en concursos de curtas, poder viaxar e aprender en talleres de audiovisuais.