Na busca dun mundo mellor.




É terrible que miles de persoas teñan que abandonar o seu país por culpa das guerras e de distintos conflitos, dos cales, estes, non teñen a culpa.

En pleno siglo XXI é tan humillante que pra solucionar unha guerra só se utilicen as armas.
Non nos damos conta de que así o único que fai, é matar, ferir e destruir. E facer que máis miles de persoas abandonen as vilas e cidades onde naceron e residen e marchen cara Europa. Na busca dun mundo mellor, onde non haxa guerras e onde poidan vivir tranquilos. Sen preocuparse se van a morrer en calqueira momento.

Pero o peor de todo, despois de abrir fogo nos seus territorios para combater algo que poderíase solucionar doutra maneira, collemos aos que chegan a Europa e a moitas destas persoas as devolvemos, coma se se tratasen de paquetes en devolución. Despois de sufrir tanto nas guerras e na viaxe os tratamos desta forma.

¿Tan difícil é solucionar estas guerras dunha forma serea, como humanos que somos, e así, todo o mundo puidera vivir en PAZ?


                                                              ABEL VILLAR RIOJA 1ºBACH-A